Friday 03 de May de 2024

O concello pavimenta 475 metros liñais de camiño no lugar riveirense de Fafián


En resposta a unha demanda veciñal

O Concello de Riveira informa da conclusión dunha actuación en Fafián destinada a pavimentar dun camiño en mal estado no lugar riveirense de Fafián, moi preto do viveiro de empresas.

Estas acción, que dá resposta a unha demanda veciñal dos residentes no entorno, consistiu na pavimentación con aglomerado asfáltico dun tramo de 475 metros cadrados que descorre en dirección a Sarreiras.

Os traballos foron acometidos pola empresa Eulogio Viñal no marco dun macroproxecto que inclúe a mellora o pavimentación asfáltica dun total de 19 viais repartidos entre as distintas parroquias do municipio. O importe global de todas estas actuacións ascende a 53.264 euros.